20/01/2017.- NOVAS MUNICIPAIS
SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS
AVISO
Na xornada do martes 24 de xaneiro procederáse a un corte no subministro de auga potable, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:
- Rúas: Redondo e Tarroeira (marxe dereito dirección Pontevedra) e Avenida de Arousa.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 14.00 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
|