28/06/2018.- NOVAS MUNICIPAIS
Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021
1)LIÑA A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
2)LIÑA B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
- A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española ou se é estranxeira a residencia legal.
- Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente durante todo o período polo que se conceda a axuda. Na modalidade A as persoas integrantes da UC deben constar empadroadas na vivenda obxecto do alugamento na data da presentación da solicitude ou, e na liña B, no momento da presentación do contrato, se non se achegara coa solicitude.
- Que a renda mensual da vivenda non supere os 400€/mes (Zona territorial 1)
- Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan superiores a 0,7 veces o IPREM e iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM en supostos de Familia numerosa, ou de cinco 5 veces o IPREM cando a familia numerosa sexa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade: Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %; Discapacidade física ou sensorial, cun grao recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non estean incursas nalgunha das circunstancias que lle impida recibir subvencións , así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non sexa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda, que non haxa parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda; nin sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora; e que non sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.
A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e máis anos
A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer.
As axudas poderán concederse por un período máximo de ata 3 anos e con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro
Solicitudes e Documentación:
|
As solicitudes e documentación complementaria presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible en:
Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432A
IGVS: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/834
O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 30 de xullo.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario e ao Servizo de Información Xuvenil deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13 horas.
|