Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O CONCELLO DE PONTECESURES SÚMASE Á DECLARACIÓN DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) NO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2019.


Ampliar Foto...
08/03/2019.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

A aprobación da Constitución Española marcou un antes e un despois na vida dunha cidadanía que, ata 1978, vivira sumida nun dos períodos máis escuros da nosa historia recente marcado, entre outros aspectos, pola discriminación contra a muller.

Moitos Concellos, a partir das primeiras eleccións municipais de 1979, comezaron a incluír a dimensión de xénero no conxunto da vida municipal apostando pola creación de centros de asesoría e servizos ás mulleres, contribuíndo á modernización da Administración e á formulación das novas políticas do Estado de Benestar.

En 1983, unha delegación da FEMP formada por 15 Alcaldesas e Concelleiras, ao seu regreso do I Encontro Europeo de Electas Locais e Rexionais de Europa, celebrado en Pisa, elevaba á Comisión Executiva da FEMP unha proposta para a creación dun grupo de traballo sobre a muller.

A partir dese momento, facendo propio que “o persoal é político”, a FEMP puxo sobre a mesa a necesidade de asegurar a progresiva incorporación da muller á sociedade activa, a importancia de revelar o papel que tiñan as mulleres e a urxencia de abordar a recuperación do seu protagonismo a través das políticas locais. Empezouse a falar de igualdade en postos de toma de decisións, de paridade nas asembleas electas e da importancia de contar con mulleres referente.

Logo chegou o II Encontro Europeo de Mulleres Electas Locais e Rexionais, reunido en Santiago de Compostela, en 1986 e con el, a creación dunha Subcomisión da Muller na FEMP, o chamamento para crear as condicións adecuadas para unha maior participación das mulleres e, en definitiva, a estratexia que marcaría a acción futura. Seguíronlle os Encontros Europeos de Mulleres electas locais de Amberes (1988) e de Heidelberg (1992).

“Somos a metade da terra, queremos a metade do ceo e a metade do poder!”. Con estas palabras, Vicenta Bosch i Palanca, Alcaldesa de Bonrepós i Mirambell e Presidenta da Comisión de Igualdade da FEMP en 1991, proclamou as demandas das mulleres con ocasión da Conferencia de Nacións Unidas Beijing + 15, que acolleu Nova York, no ano 2000.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é sempre unha invitación para reflexionar sobre os avances alcanzados en materia de igualdade de xénero e unha oportunidade para centrar a acción e fixar cara a onde queremos dirixirnos. Con todo, cando se cumpren 40 anos de democracia local, esta oportunidade obriga a mirar atrás para non esquecer de onde vimos.

 

O 3 de abril de 1979, España daba a benvida a “as 103 Alcaldesas do 79”, as primeiras 103 Alcaldesas, mulleres pioneiras e valentes que decidiron dar un paso á fronte e liderar o cambio nos seus pobos e cidades.

40 anos máis tarde, hai 1.565 Alcaldesas en España. Neste tempo, foron as Corporacións Locais quenes introduciron e impulsaron a necesidade de reflexionar ao redor da evolución das políticas de igualdade, ao seu impacto e á súa evolución asumindo o papel de axente de cambio e desvelando as contradicións do sistema, as desigualdades entre mulleres e homes, as discriminacións que sufrían e sofren as mulleres e achegaron solucións desde o coñecemento das persoas e das súas necesidades.

 

Por todo iso, os Gobernos Locais reunidos na FEMP:

 

·         Convidamos a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro sen discriminación por razón de xénero, onde homes e mulleres formen parte da nosa sociedade en igualdade de dereitos e responsabilidades.

 

·         Recoñecemos a valentía das 103 Alcaldesas do 79, que abriron o camiño do cambio e que contribuíron a crear referentes para todas as mulleres que hoxe asumen postos de decisión en tantas Corporacións Locais.

 

·         Reafirmamos o noso compromiso coa cidadanía e coas súas necesidades, coa igualdade de trato e de oportunidades e co mandato constitucional que persegue o pleno establecemento dunha igualdade real e efectiva.

 

·         Recoñecemos a importancia de continuar traballando na erradicación das actitudes e os comportamentos cotiáns que, instalados na vida diaria, reproducen e perpetúan a desigualdade.

 

·         Insistimos na necesidade de intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego e o emprendemento, a educación para a igualdade de oportunidades, a incorporación das mulleres na sociedade da información e o apoio ás mulleres que viven no ámbito rural.

 

·         Reclamamos a necesidade de dotar ás Entidades Locais dos medios necesarios para levar a cabo as competencias que nos devolveu o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero para garantir o impulso de actuacións que contribúan á convivencia, o progreso e o desenvolvemento social e económico sustentable.

 

40 ANOS DE DEMOCRACIA LOCAL

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting