Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

CONCESION OBRAS DO PLAN CONCELLOS 2019 PONTECESURES


Ampliar Foto...
27/03/2019.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

CONCESION OBRAS DO PLAN CONCELLOS 2019 PONTECESURES

A Deputación de Pontevedra ven de conceder as seguintes subvencións solicitadas ó abeiro do Plan Concellos 2019:
1. Reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Dr Mosquera
A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.
Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarrajoy de Pontecesures que permitirá realizar a obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos vecinos.
As novas beirarrúas executaranse coas mesmaS características que as da marxe esquerda.
O presuposto desta subvención é de 122.240,96€
2. Reurbanización dun tramo Rúa Porto de Arriba
A actuación divídese en dous treitos de 75x3,9 m. de anchura media na Rúa Porto de Arriba e outro de 75x5,8 de anchura media na Rúa Caldeirón de Arriba.
Rúa Porto de Arriba:
A instalación de abastecemento executarase con 75 m de tubería PE Ø63 mm 16 atm, previa demolición de firme e apertura de foxo. Procederase ao saneo dun treito de 35x1,25 m na parte final (esquerda) da actuación, onde tamén se executará un muro de contención con bloques de pedra granítica para contener o vial. Finalmente procederase ao estendido dunha nova capa de rodadura con 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa.
Rúa Caldeirón de Arriba:
Nesta zona procederase a instalación, previa demolición de firme e apertura de foxo, de 95 m de tuberia de PE Ø75 mm 16 atm con reposición das acometidas existentes. Unha vez feito o recheo compactado dos foxos e reforzo cunha soleira de 15 cm de formigón, precederase ao estendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa, de xeito que toda a rúa teña o mesmo tipo de acabado superficial.
O presuposto desta subvención é de 27.789,50€
3. Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside
A actuación consiste no fresado de 925 m² da Rúa Carlos Maside para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de espesor medio de aglomerado en quente, para a mellora da capa de rodaxe que se atopa mo deteriorada e corrección dos peraltes que permitan a evacuación das augas de escorrenta cara os sumidoiros existentes.
Se procederá a execución dun reductor físico de velocidade “lomo de asno” de 5,3 m. de lonxitude e 4,0 m. de anchura no lugar onde se retirou previamente o reductor modular de goma e precederase ó pintado da sinalización horizontal pertinente, así coma o pintado dunha limitación de velocidade de 30 Km/h en cada un dos “lomos de asno” existentes (2 existentes + 1 novo).
O presuposto desta subvención é de 22.647,35€
4. Aportación Municipal ó Plan Deporemse na Obra “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas do Castro e Infesta.
A Deputación de Pontevedra concedeu a subvención da obra do Plan Deporemse “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas Do Castro e Infesta” por un importe de 268.317,09€ dos que 26.831,71€ tiñan que ser aportados polo Concello de Pontecesures.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 26.831,71€
5. Aportación Municipal á Obra “Ampliación dos vestiarios do campo de fútbol”
O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) para a obra de “Ampliación dos vestiarios do campo de futbol” por un importe de 53.833,32€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 21.624,87€.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 21.624,87€
6. Aportación Municipal á Obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures”
O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do I.D.A.E. (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) do Ministerio para la Transición Ecológica para a obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures” por un importe de 157.207,20€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 31.441,44€.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 31.441,44€

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting