Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

ACTOS DO 25N NO CONCELLO DE PONTECESURES.


Ampliar Foto...
17/11/2021.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

As desigualdades entre homes e mulleres en diversos ámbitos da sociedade, evidencian a necesidade de desenvolver iniciativas e actividades destinadas á concienciación e sensibilización en igualdade de xénero e prevención da violencia machista.

Esta realidade constata que, ademáis de ser viable, é realmente preciso dende todos os ámbitos, promover iniciativas destinadas á concienciación social en materia de igualdade de xénero; previndo tamén as condutas violentas contra as mulleres, especialmente as violencias sexuais que teñen aumentado nos últimos tempos.

Neste contexto, O Concello de Pontecesures, en virtude das competencias que lle atribúe a vixente lexislación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, centra o seu esforzo na necesidade de que todas as persoas, nenos e nenas, homes e mulleres, sexan parte activa e positiva na defensa da igualdade e na prevención de condutas violentas, xa que, dun xeito ou doutro, todas e todos podemos ser vítimas.

Así pois, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o día 27 de novembro terá lugar unha concentración na Plazuela ás 17 horas onde faremos lectura dun manifesto para amosar o compromiso de todas e todos na loita contra a violencia de xénero e, a continuación, daremos inicio á marcha en sinal de repulsa polos asasinatos e apoio ás vítimas, a cal recorrerá as rúas centrais do pobo.

A miudo, a raíz de este  mal é, sen dúbida, educativa e, polo tanto, o Concello de Pontecesures está a desenvolver formacións en materia de igualdade ao longo de toda a semana en todas as etapas educativas do CPI Pontecesures, onde, ademáis, todos os alumnos e alumnas teñen á súa disposición as siluetas  que conforman a exposición itinerante “Mulleres que Falan”.

Como parte do programa de actividades relacionadas con esta data, o concello de Pontecesures, achegará material sensibilizador a todo o tecido comercial e hostaleiro do termo municipal nos vindeiros días, unha medida encamiñada a visibilizar a lacra social da violencia de xénero e transmitir a idea de unidade na loita contra este mal que atenta contra a integridade, dignidade e liberdade das mulleres.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting