Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O obradoiro ‘Tecendo polo cambio’ clausúrase en Pontecesures cun acto de “yarn bombing”.


Ampliar Foto...
09/12/2016.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

- As participantes calcetaron unha peza colectiva que colocaron nas árbores do Coche de Pedra para chamar a atención sobre o coidado do medio ambiente

- A acción reivindicativa pechou a actividade do Fondo Galego de Cooperación, na que se reflexionou sobre a solidariedade internacional ou o comercio xusto

 

Pontecesures, 9 de decembro de 2016. O obradoiro ‘Tecendo polo cambio’ clausurouse hoxe en Pontecesures cun acto de “yarn bombing” no que as participantes colocaron nas árbores que rodean o Coche de Pedra a peza que elaboraron colectivamente para lembrar a importancia do coidado ambiental tanto na nosa contorna coma nos países empobrecidos. A actividade de calceta, desenvolvida durante tres xornadas cunhas quince veciñas, está organizada polo Concello como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

A entidade ten promovido diversos proxectos en lugares como Cabo Verde ou Nicaragua para facilitar os recursos e campañas de sensibilización necesarias para unha axeitada xestión do lixo, da auga, do saneamento, etc.  Ademais, a defensa do medio ambiente é unha loita que conecta aos países do Sur e do Norte, pois se non o respectamos aquí tamén provocaremos efectos negativos alá, como está a acontecer co cambio climático.

A concelleira de Servizos Sociais, Maribel Castro, salientou durante o acto celebrado esta mañá que:

“A conexión entre o local e o global fomentouse asemade nas charlas incorporadas ao obradoiro ‘Tecendo polo cambio’, impartido por Socorro Vázquez, onde as asistentes reflexionaron sobre temas como a cooperación internacional, a equidade de xénero ou o comercio xusto da man de diferentes persoas expertas convidadas para a ocasión.

Trátase dunha actividade de sensibilización fronte as desigualdades, ofertada polo Fondo Galego e cofinanciada pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo achegar ao eido rural e a veciñanza de todas as idades a defensa dos Dereitos Humanos, ao tempo que se recoñece o traballo feminino a través dunha tarefa compartida por mulleres de todos os tempos e culturas. Ademais, o “yarn bombing” ou “urban knitting” constitúe unha técnica de arte urbana coa que apropiarse do espazo público, relacionando o individual co colectivo e rompendo a dicotomía público/privado".

Por último, amosou o seu agradecemento á tódalas persoas que participaron e colaboraron nesta actividade.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting