ACTIVIDADES NADAL 2016
CONCELLO DE PONTECESURES
TECENDO POLO CAMBIO:
Encontros para aprender e tecer unha obra conxunta ao tempo que se debate e acto de “yarnbombing”. Dirixido a mulleres e homes de tódalas idades.
Prazo de inscrición ata o 16 de novembro, nas oficinas municipais.
Desenvolvemento: Os venres 18 e 25 de novembro, e o 2 e 9 de decembro no semisoto da Casa do Concello, de 18.00 a 20.00 horas.
Acto de YARNBOMBING: Venres 9 de decembro.
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:
Actividade conmemorativa do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero (acto institucional).
Sábado 26 de novembro ás 18.30 horas na Plazuela.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “ÁFRICA, SOÑOS E MENTIRAS”:
Exposición fotográfica que forma parte do proxecto Causas Comúns, de sensibilización sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa (aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza).
Dende o 2 ata o 26 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.
EXPOSICIÓN DE PINTURA:
Exposición de pintura (óleo, acuarela...) . Aberto á colaboración veciñal, calquera persoa pode achegar a súa obra para expoñela.
Dende o 2 de decembro ata o 10 de xaneiro na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.
OBRADOIRO DE RECICLAXE: “ISTO NON É UNHA BOTELLA”:
Carpa informativa sobre reciclaxe. Venres 2 de decembro na Plazuela de 10.00 a 14.00 horas.
OBRADOIRO DE RECICLAXE: “ISTO NON É UNHA LATA”:
Aula móbil informativa sobre reciclaxe: Venres 23 de decembro na Plazuela de 15.00 a 18.00 horas.
FESTA DA BICICLETA:
Venres 23 de decembro. Saída dende a Plazuela ás 17.00 horas.
OBRADOIROS DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS:
ORGANIZA: PITUFOLANDIA
COLABORA:CONCELLO DE PONTECESURES
Cantaxogos, contacontos, etc…Nenos/as de 3 a 12 anos. De 9.00 a 14.00 horas no Anexo ao Pavillón Polideportivo ou no Centro Social. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres.
“COAS MANS NOS PUCHEIROS”:
Obradoiro interxeneracional de cociña (do programa “TECENDO LAZOS” da Deputación de Pontevedra). Maiores de 13 anos. Desenvolvemento no mes decembro (pendente de datas) no Centro Social. Inscrición ata o 30 de novembro.
XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES:
PAPA NOEL PERCORRE O POBO:
ORGANIZA: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTECESURES
COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES
Desfile de Papa Noel polas rúas do noso pobo o sábado 24 de decembro. Saída ás 10.00 da mañán dende a nave de obras do concello e final do desfile na Plazuela ás 12.00 horas con sorteo de agasallos os nenos/as. Para participar neste sorteo é preciso que os nenos/as depositen a súa carta a Papa Noel nos buzóns instalados nos días previos nos establecementos comerciais de Pontecesures.
BELÉN VIVINTE NA PLAZUELA:
ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL PONTECESURES
COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES
Belén vivinte na Plazuela durante toda a xornada do 25 de decembro.
DESPEDIDA DO ANO (FIN DE ANO):
Despedida do ano con uvas e campanadas o sábado 31 de decembro ás 12.00 horas na Plazuela.
CABALGATA DE REIS:
Xoves 5 de xaneiro. Saída dende a zona portuaria de Pontecesures ás 18.00 horas, con percorrido ata a Plazuela.
ACTO SOLIDARIO
“MÓVETE DANCE":
ORGANIZA: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTECESURES
COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES E MÓVETE CON NÓS
Exhibición de Body Jump, aerobic, zumba,…etc. con recollida de alimentos con fins solidarios. O sábado 7 de xaneiro ás 16.30 horas na Plazuela. Posteriormente ás 18.00 horas, tamén na Plazuela sorteo de agasallos por parte da Asociación de Empresarios de Pontecesures.
|