Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
 

Documentación » Ferias do Automóbil

II FEIRA DO AUTOMOBIL ANTIGO 2008

 
Ampliar Foto...
HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMÓBIL DE OCASIÓN DE PONTECESURES

1925 – 1926 – 1950 – 1954

No ano 1925, un grupo de amigos –veciños de Pontecesures- comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.

Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia.
Ampliar Foto...
Monumento Coche antigo 1


Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época.
Ampliar Foto...
Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside


O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc.
Ampliar Foto...
Monumento Coche antigo 2


Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda.

Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954.
Ampliar Foto...
Campo da Insua na Feira do ano 1950

No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento "O Coche de Pedra", unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia.
Ampliar Foto...
Monumento O Coche de Pedra

Ampliar Foto...
Foto coche na Feira 2007
Ampliar Foto...
Foto moto na Feira 2007

Ampliar Foto...
Foto recambios na Feira 2007
Ampliar Foto...
Foto recambios na Feira 2007


No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOMÓBIL ANTIGO –exposición e venta-. No ano 2008 o 6 de abril. Na organización destas dúas feiras, 2007 e 2008, colaborou co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES. Para contactar con esta asociación pódese facer no seginte e-mail: mirandolleosdentes@gmail.com

Ampliar Foto...
Foto Feira 2008. Primeiro automóbil a gasolina que circulou por Galicia con placa PO-02
 
Ampliar Foto...
Foto Feira 2008
Ampliar Foto...
Foto Feira 2008

No ano 2009 a Feira do Automóbil celebrouse o 5 de abril.

Ampliar Foto...
Foto Feira 2009
Ampliar Foto...
Foto Feira 2009
Ampliar Foto...
Foto Feira 2009

 


Descargar Documento... HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMOBIL DE OCASION DE PONTECESURES
Descargar Documento... CARTEL FEIRA AUTOMOBIL ANTIGO 2008
Descargar Documento... Fotografía Campo Insua 1950
Descargar Documento... Fotografía Monumento Coche Antigo 1
Descargar Documento... Fotografía Monumento Coche Antigo 2
Descargar Documento... Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

ver enlace...Reportaxe fotográfica da Feira do Automóbil Antigo 2007
ver enlace...Reportaxe audiovisual Feira 2007 Motos
ver enlace...Reportaxe audiovisual Feira 2007 Coches
ver enlace...Reportaxe da Feira de 1954 no Nodo
ver enlace...Reportaxe fotográfica da Feira do Automóbil Antigo 2008
ver enlace...Reportaxe fotográfica da Feira do Automóbil 2009




SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting