12/06/2017.- BANDOS MUNICIPAIS
Dende a Alcaldía do Concello de Pontecesures infórmase:
Que se están producindo incidencias no vertido de residuos urbanos nos contedores de lixo debido a que non tódolos veciños/as están a utilizar correctamente o contedor que corresponde a cada tipo de residuo. Para solventar esta situación, pídese a toda a veciñanza que respete as seguintes indicacións:
- Recollida de papel-cartón (CONTEDOR AZUL): Compre deixar os papeis e cartóns dentro do contedor pois se se molla non sirve para reciclar. Este contedor ten incorporado un mini-contedor para pilas.
- Recollida de vidro (IGLÚ VERDE): Neste contedor deberán depositarse botellas e tarros de cristal, sempre sen tapóns.
- Recollida de “orgánico” (CONTEDOR PEQUENO VERDE): neste contedor irán exclusivamente os restos de comida tanto crus como cociñados, papeis de envolve-la comida, restos de poda e xardinería, barreduras da casa e cueiros dos nenos.
- Recollida de “inorgánico ou resto” (CONTEDOR GRANDE DE TAPA AMARELA): aquí irá o resto que non debe ir ó outro contedor específico, como plásticos, latas, tetrabriks, restos de louza, bombillas, textís, etc.
|