09/03/2018.- NOVAS MUNICIPAIS
O ORAL (Organismo de Xestión Catastral e Tributaria da Deputación de Pontevedra) está a remitir aos nosos veciños uns recibos con recargos por impago.
Este recargo débese a que o ORAL está a dividir o recibo de TAXAS E PREZOS PÚBLICOS (que inclúe entre outros importes o cobro de lixo e o sumidoiro) deixando sen notificar un dos dous recibos e quedando polo tanto o outro pendente de pago ante o descoñecemento dos veciños.
Dende o Concello se está a traballar para atallar este problema para que o ORAL, se é posible, devolva o importe cobrado indebidamente por recargo.
ROGAMOS A TODOS OS VECIÑOS,
Que acudan ao Concello co seu recibo con recargo, para remitilo ao ORAL e identificar ós veciños ós que se lles aplicou un recargo nas súas taxas, e tratar de recuperar os cargos indebidos.
Rogamos desculpen os problemas ocasionados e agradecemos anticipadamente a colaboración de todos.
|