Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Bandos municipais

 

LIMPEZA DE FINCAS EN CUMPRIMENTO DA LEI DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.


Ampliar Foto...
25/05/2018.- BANDOS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

En cumprimento coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lémbrase ÓS/ÁS PROPIETARIOS/AS QUE ESTÁN OBRIGADOS/AS a manter as súas parcelas, así como as vías e camiños, limpas de maleza e coa masa arbórea rareada.

Será obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

Ademais, dentro desa franxa de protección de 50 metros NON poderán atoparse as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei: piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno ou carrasca (queiruga).

Infórmase tamén que neste concello existe unha Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público, onde o seu artigo 39 sinala que as sancións por incumprimento serán:

-          As que teñan as consideracións de leves, multa de ata 750 €

-          As que teñan as consideracións de graves, multa de ata 1.500 €

-          As que teñan as consideracións de moi graves, multa de ata 3.000 €

Faise constar que no caso de que haxa calquera incidente por non cumprir esta normativa, os responsables serán os/as propietarios/as das parcelas.

No caso de alarma de incendio forestal débese chamar ao teléfono 085. Se a liña estivese ocupada pódese chamar ao teléfono 112. E para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ao teléfono 062.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting