03/04/2019.- BANDOS MUNICIPAIS
Informase ás veciñas e veciños que a Consellería de Política Social ven de abrir o prazo de solicitude para o Programa “Benestar en Balnearios” 2019.
Persoas beneficiarias e requisitos: - Ser maior de 60 anos, ou pensionista maior de 55 anos - Residir e ter empadroamento na CA de Galicia - Valerse por si mesma/o para as actividades da vida diaria - Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia - Precisar os tratamentos termais solicitados
A persoa solicitante poderá ir acompañada da súa ou do seu cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente Tamén poderán participar as/os fillas/os ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que non precisen de apoio de terceira persoa e se despracen con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados anteriormente
Datas: Quendas de 10 días (9 noites) entre os meses de maio e outubro
Prezos: Réxime de “Pensión completa” en habitacións dobres de uso compartido , entre 287,50€ e 361€ O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas participantes
Balnearios: Acuña (Caldas), Arnoia, Augas Santas (Ferreira de Pantón), Baños de Brea (Vila de Cruces), Baños de Molgas, Caldelas de Tui, Carballiño, Carballo, Cuntis, Laias (Cenlle) , Lobios, Río Pambre (Palas de Rei), Termas de Lugo e Termas de Mondariz (Mondariz Balneario)
Documentación: - Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da persoa solicitante como da/o cónxuxe ou acompañante cando proceda. - Fotocopia do DNI da persoa solicitante e da/o cónxuxe ou acompañante se procede - Copia do libro de familia ou do documento acreditativo da tutela, no caso de que a persoa solicitante queira acudir ao programa acompañada dun/dunha fillo/a ou tutelado/a - Declaración responsable do estado de saúde da/o solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude. - Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude - Certificado do grao de discapacidade do/da fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
Prazo de Solicitude: ata o 2 de MAIO
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e martes e venres de 9 a 14 horas (TEL. 986 564 409, email: ssociais@pontecesures.org).
|