Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O POLIGONO EMPRESARIAL REDONDO-TARROEIRA


Ampliar Foto...
31/05/2021.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

De todos é sabido a escaseza de solo para actividades empresariais que estamos a sufrir na comarca; o que está a provocar que empresas asentadas na zona teñan que trasladarse a outros concellos ás veces alonxados do centro de producción principal ou trasladar a súa producción a outras zonas.

Xestur Galicia, organismo encargado da promoción e comercialización de solo  empresarial en Galicia, tras reunións co Concello de Pontecesures e empresas interesadas en asentarse no noso pobo que se remontan xa ao ano 2019, entendeu que había posibilidades de poñer en marcha un polígono empresarial na zona de Redondo-Tarroeira.

Ditos traballos pasan, primeiramente, por unha análise das características da zona onde se pretende poñer en marcha o polígono, fundamentalmente, características do solo, vías de comunicación, necesidades de abastecemento e saneamento e outras.

Tras os primeiros traballos de levantamentos topográficos, que se levaron a cabo durante as pasadas semanas, toca agora o traballo de “deseñar” cómo sería a futura distribución de parcelas, qué zonas se desenvolverían e cales non, onde se implantarán zonas verdes e dotacións públicas, comunicacións, etc.

Para determinar todo elo é o proxecto de ordenación que a Xunta acaba de licitar e que se recolle nos medios estes días.

A duración de eses traballos estímase en 13 meses, incluíndo as tramitacións administrativas.

Estamos a recibir nas oficinas do Concello numerosas chamadas da veciñanza interesándose pola implantación de dito polígono, o cal demostra o interese e tamén a preocupación polo seu desenvolvemento.

Indicar que é prematura dita preocupación, xa que tendo en conta que na zona onde se pretende desenvolver o polígono empresarial existen centos de fincas, fai que sexa un traballo minucioso e laborioso o que ten que levar a cabo Xestur para plantexar un proxecto de polígono empresarial que se adapte ás características especiais do noso concello.

A medida que vaiamos tendo novidades sobre as resultas do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) que se está a desenvolver pola Xunta, dende o Concello plantexaremos reunións coa veciñanza afectada a fin de expoñer cómo se levaría a cabo o desenvolvemento do polígono e as posibles implicacións para os propietarios.

Pontecesures, 31 de Maio de 2021

O Alcalde

 

Juan Manuel Vidal Seage

 

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting