31/08/2022.- NOVAS MUNICIPAIS  O concello de Pontecesures ven de rematar dúas actuacións solicitadas á Deputación de Pontevedra derivadas da Reinversión das Baixas das obras realizadas no Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
1. Levantamentos topográficos en diversos espazos públicos de Pontecesures
Para o exercicio das súas competencias en materia de mobilidade urbana e de conservación de espazos públicos, o Concello de Pontecesures formula e executa periodicamente proxectos de intervención nas rúas, prazas e zonas verdes do municipio.
Tendo en conta futuras previsións para a realización deste tipo obras, o concello precisa contar con medicións detalladas de certos ámbitos de intervención, para que sirvan como base para a realización dos proxectos.
Prevese neste momento encargar a medicións de tres zonas:
- Miradoiro do Galiñeiro e zonas adxacentes
- Camiño do Regadío
- Praza dos Valeiros e inicio da avda. dos Namorados
Esta actuación foi adxudicada á empresa TODOPEL por un importe de 4.840,00 € dos que 4.142,56€ son financiados pola Deputación de Pontevedra e 697,44€ con fondos propios do Concello.
2. Instalacion dun tabique mobil no semisoto da casa do concello
O edificio do concello de Pontecesures conta na súa planta semisoto cunha gran sala multiusos, un despacho independente e un aseo adaptado. Atópase nun moi bo estado de conservación posto que se veñen de realizar este mesmo ano obras de mellora na climatización e pavimento asi como a instalación de falso teito.
O concello pretende mellorar a distribución mediante a instalación dun tabique mobil que cando esté pechado divida a sala en dúas completamente independentes y cando estea aberto sexa un espazo diafano. De esta forma poderánse ampliar os usos posibles das instalacións. Na actualidade as medidas da sala multiusos poderían permitir a realización de diferentes actividades ao mesmo tempo pero carece de tabiques que podan separalas tanto física como acusticamente.
Esta obra foi adxudicada á empresa Aceroffice SL pola cantidade de 12.392,70€ financiados pola Deputación de Pontevedra
|