Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
    
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

PONTECESURES CONTRATOU A 9 PERSOAS DESEMPREGADAS AO ABEIRO DA SUBVENCION DA LIÑA III DO PLAN CONCELLOS 2022 DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA


Ampliar Foto...
25/11/2022.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Estas contratacións serviron para crear un servizo complementario, durante uns meses, de conservación e funcionamento dos bens e servizos municipais. As  persoas desempregadas que se contrataron desenvolveron tarefas e actividades concretas que ven incrementada a súa demanda debido á estacionalidade (maior demanda de servizos de xardinería na primavera e verán pola climatoloxía que provoca un maior crecemento da vexetación e necesidade de atender a reparacións diversas nestas épocas debido ao bo tempo).

Os postos solicitados respostan a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, trátase de categorías profesionais relacionadas cos servizos mínimos municipais ou obras esenciais e que á súa vez xeran oportunidades de emprego.  

Principais tarefas a desenvolver neste servizo:

Os diferentes perfís que se pretenden contratar encargaríanse principalmente das seguintes tarefas:

- 1 Arquitecto/a técnico/a: Este concello precisa mellorar o funcionamento administrativo da nosa oficina técnica de urbanismo, que conta cun arquitecto contratado 3 días á semana. Con esta xornada ten que repartila en diversos aspecto: entre a atención ó público, elaboración de proxectos de obras para o concello (para presentar ante outros organismos, para acadar subvencións, etc), polo que a tarefa administrativa de concesión de licencias de obras e permisos está moi atrasada. A contratación deste arquitecto/a técnico/a servirá para axilizar a concesión de licenzas e demais trámites administrativos pendentes de conceder aos veciños/as e demais solicitantes particulares.

- 3 Peóns de obras públicas: Realizarán tarefas de mantemento e reparación de desperfectos nos distintos edificios públicos municipais; casa consistorial, bibliotecas, pavillón de deportes, colexio, reparación de beirarrúas e prazas etc.

- 2 Auxiliares de xardinaría: Van realizar función de mantemento e limpeza de xardíns, parques públicos e zonas verdes urbanas e beirarrúas dos camiños municipais.

- 3 Limpadores/as de edificios municipais: REFORZARÁN O SERVIZO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS MUNICIPAIS.

Todas estas tarefas están integradas dentro dos servizos mínimos de competencia municipal que establece o artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e son de interese xeral e social.

 

 

 


 



Guia de Servizos do Concello

Piscina Municipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting