Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Prazos e Convocatorias

 

Pontecesures participa no Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro, que formará a 100 persoas desempregadas


Ampliar Foto...
29/12/2022.- PRAZOS E CONVOCATORIAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures é un dos seis municipios que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2022/2023, financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Trabajo y Economía Social. Un programa que promove a formación de 100 persoas demandantes de emprego no ámbito territorial dos concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro.

A iniciativa foi presentada no salón de plenos do Concello de Dodro nun acto no que estiveron presentes os alcaldes dos seis municipios que integran a agrupación de concellos participantes neste Programa Integrado de Emprego. O proceso de selección das 100 persoas beneficiarias xa está en marcha, polo que aquelas persoas desempregadas que desexen participar deben estar dadas de alta como demandantes de traballo na súa Oficina de Emprego de referencia e ter indicado o seu interese en participar neste tipo programas, anotándose co código 930.

Tamén é posible solicitar a participación no procedemento de selección dirixíndose directamente ao Departamento de Emprego do Concello de Dodro, ben de forma presencial na Casa do Concello ben chamando ao teléfono 981 802 062. As persoas beneficiarias do Programa percibirán unha bolsa de 7 euros por día para a asistencia ás accións que se realicen nel.

Formación

O Programa Integrado de Emprego ofrece formación para o emprego en sete sectores produtivos: industrias alimentarias, hostalaría e turismo, servizos á comunidade, fabricación mecánica, comercio e márketing, agrícola e téxtil. O seu obxectivo principal é mellorar a empregabilidade das persoas participantes, cun compromiso de inserción laboral mínimo do 37%. Unha porcentaxe que ronda o 50% nos últimos dous anos.

Para conseguilo, o Programa combinará unha serie de accións: información, orientación e asesoramento laboral individualizado; talleres de coaching e intelixencia emocional; obradoiros de mobilidade laboral, de habilidades sociais e de entrevistas; accións de intermediación con empresas, fomento do autoemprego e o emprendemento; e realización de prácticas non laborais en empresas de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures ou Dodro.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting