Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O Apalpador percorre o centro urbano de Pontecesures


04/01/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Os nenos e nenas de Pontecesures recibiron esta mañá a visita do Apalpador que, acompañado do seu compañeiro acordeonista Servando Barreiro e do seu burro Río Lor, percorreu o centro da vila cantando e bailando. Un percorrido que iniciou na Plazuela, onde foi recibido polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, e a concelleira de Cultura, Laura Villar.

O que comezou sendo unha actuación para catro ou cinco nenos na Plazuela foise convertendo nun espectáculo de rúa de máis de media hora e que congregou máis de vinte cativos, que foron chegando da rúas próximas. Unha cativada que non deixou de cantar e bailar na Plazuela ao ritmo das propostas do Apalpador e os seus axudantes, para rematar cun carrusel en torno á árbore de Nadal da Plazuela no que os máis pequenos aproveitaban para montar no burro de madeira.

Tras recibir os aplausos de crianzas e público adulto, o Apalpador comezou un pasacalles polo centro de Pontecesures. Unha divertida iniciativa promovida polo Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra dentro da oitava edición do programa “Nadal en Galego”, ao que se adheriu o Concello de Pontecesures. Unha iniciativa que busca fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e que os máis cativos se familiaricen coa personaxe, fronte á versión de Papá Noel.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting