Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

A XXII Carreira Popular de Pontecesures recada 3.706,6 euros para Cáritas


Ampliar Foto...
16/01/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Un total de 230 atletas tomaron parte na proba absoluta da XXII Carreira Popular “Run for them” de Pontecesures, nas súas modalidade de 8k (162 atletas) e 4k (68 atletas). Unha proba que tivo lugar esta mañá de domingo polas rúas de Pontecesures, aproveitando que o tempo acompañou e no que o sol brillou en todo momento, xa que só empezou a chover coincidindo coa finalización da entrega de trofeos.

Unha proba deportiva solidaria con Cáritas e no que todo o recadado polas inscricións, dorsais solidarios e patrocinios da carreira (Finsa, Nestlé, Doselco Electricidad, Froiz, Gama Desarrollos Industriales, Stac, Lavanderías Caballo Blanco, Tele-Bar e Clínica Veterinaria Sanimalia) foi doado polo Concello de Pontecesures a proxectos de auxilio e protección a persoas que participan nos programas de emprego e comedores sociais de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Así, ao rematar a entrega de premios, o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, fixo entrega dun cheque por valor de 3.706,6 euros a Anuncio Mouriño, director de Cáritas Diocesana de Santiago, que tamén recolleron algunha achegas de alimentos non perecedoiros aportadas polo público presente esta mañá na Plazuela.

Resultados da proba

A XXII Carreira Popular “Run for them” de Pontecesures foi gañada por Manuel Piñeiro Fiel (C.A. Cambados-Seguros Noval) e Elena Veres Ojea (SD Compostela Atletismo) na modalidade 8K; e por Amador Pena Torreira (SD Compostela Atletismo) e María Tarrío (SD Compostela Atletismo) na modalidade 4k. Con tres dos catro gañadores nas súas filas, a SD Compostela Atletismo completaría a xornada gañando tamén na modalidade de equipos.

As vitorias nas categorías masculinas estiveron moi discutidas en ambas as dúas probas e se decidiron nun longo sprint na rúa de San Lois e se decidiron por apenas 3 segundos de vantaxe. Así, Manuel Piñeiro Fiel entraba en meta cun tempo de 26 minutos exactos, seguido por Alberto García Gaciño (Saúde Sport) con 26 minutos e 3 segundos. Completou o podio Juan Carlos Mosquera Dopazo, do Club Atletismo Sar, cun tempo de 26 minutos e 15 segundos.

Na categoría feminina, Elena Verez Ojea gañou con autoridade marcando un tempo de 32 minutos e 7 segundos, que lle valeron para entrar no posto 49 da clasificación xeral. O segundo posto foi para Mar Arzúa, do Moraña en Ruta, cun tempo de 32 minutos e 30 segundos. Apenas sete segundos despois chegaba Marga Villaverde Rosales, do Artrogal Tri498, para completar o podio da modalidade 8k.

Na modalidade 4k, a vitoria correspondeulle a Amador Pena cun tempo de 12 minutos e 41 segundos e tras impoñerse no sprint final por tan só 3 segundos a Abel Vila Mariño, do Club Atletismo Noia. O terceiro posto foi para Efrén Capelo Vieites, do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, cun tempo de 13 minutos e 1 segundo.

Na categoría feminina, María Tarrío impúxose con total claridade marcando un tempo de 15 minutos e 53 segundos, que lle valeron o posto 21 da clasificación xeral. Cinco postos despois pero cun tempo de 17 minutos e 33 segundos chegaba Sonia Rodríguez Villar, do Entrenarunning, mentres que a independente Elisa Boullosa Bernárdez se facía co terceiro posto, cun tempo de 17 minutos e 55 segundos.

SD Compostela Atletismo, mellor equipo

Por equipos, o triunfo correspondeulle á SD Compostela Atletismo (86 puntos), seguido polo CA Cambados Seguros Noval (125 puntos) e o Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago (158 puntos), polos que levaron premios de 300, 200 e 100 euros, respectivamente. O Club Atletismo Sar e a SD Barbantia Roda ocuparon o 4º e 5º posto da clasificación con 212 e 315 puntos, respectivamente.

Na categoría Sub-16, a vitoria foi para Enrique Magariños Gago (Moraña en Ruta), seguido por Iago Mateos Calvio (SD Compostela) e o independente José Manuel Fernandez de Jesús. Na categoría feminina, o triunfo foi para Claudia Chaves Durán seguida de Xiana Ferrín Simón, ambas as dúas do Atletismo +9 Moraña, con Uxía López Sánchez (Escola Atlética Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey) de terceira.

Na categoría Sub-14, a vitoria absoluta foi para a independente Sabela Raposo Fernández, seguida dos tres primeiros da categoría masculina: Hugo Furelos Caldas e Xabel Eiriz Pérez, ambos do Atletismo +9 Moraña, e Marcos Barcala López do Atletismo Tambre. Completaron o podio feminino sub 14 Ainoa Galán Amo e Sofía Caldas Blanco, ambas do Atletismo +9 Moraña.

Na categoría Alevín (sub-12) a vitoria foi para dous atletas do Club Atletismo Cambados: Hugo Cordal Amarelle e Daniela Bayón Diz. Un proba caracterizada polo dominio feminio, que ocupou 6 dos 7 primeiros postos. Completaron o podio feminino Judit Barros Campos (Atletismo +9 Moraña) e Lara López Sánchez (Escola Atlética Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey). Fixeron o propio coa clasificación masculina Teo Rodríguez (Moraña en Ruta) e o independente Mateo Feriria Carballal.

Finalmente, na categoría Benxamín (Sub-10) os tres primeiros clasificados foron Alex Pena Gómez (SD Compostela Atletismo), Ismael Barros Campos (Atletismo +9 Moraña) e Xoel Mirás Neira (Triatlon Compostela). As tres primeiras rapazas foron Lara Guerra Serén e Sofía Núñez Iglesias, do CA Cambados Seguros Noval, e Daniela Gil Castiñeiras, da SD Compostela Atletismo.

A concelleira de Deportes, Laura Villar, agradece a colaboración de todas as entidades que participaron no bo desenvolvemento da proba: Cruz Vermella, Policía Local de Pontecesures, Protección Civil (Pontecesures, Padrón, Valga, Rois, Portas, Moraña e Cuntis) e EmeSports.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting