Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

Juan Manuel Vidal destaca a importancia do proxecto “Da túa man rural” para poñer en valor o comercio de proximidade


Ampliar Foto...
20/02/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, participou na presentación do programa “Da túa man rural”, que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá aos 11 concellos onde se vai desenvolver esta iniciativa de apoio á actividade comercial e hostaleira en zonas rurais da provincia. Para o alcalde é unha gran nova que Pontecesures sexa un dos once municipios escollidos xa que “somos un concello pequeno onde o peso do comercio é moi importante”.

Juan Manuel Vidal Seage explica que se trata dun proxecto “moi interesante para poñer en valor o comercio de proximidade, algo que dende o Concello de Pontecesures levamos traballando dende hai tempo con infraestruturas como a praza de abastos e que agora se vai completar a nivel de sinalización e formación para os propios comerciantes, para que sexan quen de dar visibilidade aos seus produtos e actividades”.

O proxecto “Da túa man rural” desenvolverase en 11 concellos do rural pontevedrés: Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures. E o fará grazas a unha achega de preto de medio millóns de euros (499.972 €) dos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, que cubre o 80% do orzamento total de 624.965 euros, mentres que o 20% restante (124.933 €) corre a cargo da Deputación.

A presidenta provincial, Carmela Silva, subliñou a importancia deste proxecto porque “apoiar o comercio e a hostalería local, que siga existindo, é algo fundamental para que os concellos sigan vivos”. En total, “Da túa man rural” impactará nos máis de 700 locais de comercio polo miúdo e de hostalería que existen nestes 11 concellos, cos que comezarán a contactar a partir do 1 de marzo.

A finalidade de “Da túa man rural” é a de visibilizar e modernizar o pequeno comercio local a través da dixitalización, a economía circular e o desenvolvemento de plataformas. Asía, ao longo dos próximos dous anos deseñaranse e lanzaranse tres campañas de comunicación en medios dixitais e radiofónicos. Por outra banda, dotarase de prazas de aparcamento reservadas e deseñadas para persoas con mobilidade reducida, ademais de delimitar a zona comercial mediante o embelecemento con xardineiras. A transformación do punto de venda contemplarase coa instalación de sinalética corporativa luminosa con carga solar que contará coa información sobre a localización da zona comercial e dos comercios, dirixida a visitantes, turistas e residentes e que se asociará con códigos QR.

En materia de sostibilidade promoveranse novos deseños de packaging para o comercio como alternativa sostible ao plástico e o papel, e instalaranse illas ecolóxicas dotadas de contedores para papel e cartón, envases lixeiros, vidro, biorresiduos e residuos especiais como pilas, lámpadas ou residuos electrónicos.

Finalmente, porase en marcha unha rede de comercio local que integrará aos axentes do mesmo cos produtores locais e provedores de servizos. “Desenvolveremos unha plataforma tecnolóxica que contará cunha parte pública e outra privada, a modo de intranet, para poñer en valor o comercio local desde o público e o privado”, explicou Carmela Silva. Por último, en materia de sensibilización e formación faranse talleres dirixidos aos comerciantes sobre xestión de negocio con novas tecnoloxías, maketing dixital e venda online; así como obradoiros tanto para comerciantes como para persoas consumidoras para aprender a prever a xeración de residuos, a reutilización de produtos ou a correcta separación dos residuos para a súa reciclaxe.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting