Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

O Concello de Pontecesures organiza un photocall pola igualdade e convoca unha reunión da Mesa Local de Igualdade para conmemorar o Día da Muller


Ampliar Foto...
03/03/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures conmemorará o 8M, Día da Muller, cun amplo programa de actividades baixo a lenda “Pontecesures pola igualdade”, unha iniciativa que se fará con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio da Igualdade. A primeira desas actividades terá lugar este mesmo domingo 5 de marzo: un photocall na Plazuela en horario de 11:00 a 14:00 horas.

A concelleira de Muller e Igualdade, Laura Villar, explica que “todas as persoas que o desexen poderán facerse unha fotografía pola igualdade nese photocall e, con todas elas, elaboraremos un mosaico. Despois, cada veciño e veciña que participe poderá levar unha réplica dese mosaico”. Un photocall que o martes 7 de marzo estará no colexio de Pontecesures, de 11:00 a 13:00 horas, polo que as familias que desexen que as súas crianzas participen na actividade deberán asinar unha autorización.

Finalmente, o mércores 8 de marzo haberá unha terceira sesión do photocall pola igualdade, nesta ocasión na Plazuela, en horario de 11:00 a 14:00 horas. A maiores, durante os tres días haberá unha mesa informativa que acompañará o photocall e repartirá material conmemorativo entre a veciñanza para concienciar á sociedade en igualdade.

Outras actividades

Por outra banda, o propio 8 de marzo, ás 10:00 horas, terá lugar unha nova reunión da Mesa Local de Igualdade, na que están representados o Concello, as asociacións e clubs deportivos, os grupos políticos municipais e a Anpa, baixo a presidencia do alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage. Ás 12:00 horas terá lugar a lectura do manifesto institucional na Plazuela.

Finalmente, o persoal institucional do Concello de Pontecesures recibirá formación en materia de linguaxe e imaxe inclusiva. “A sensibilización e formación do persoal institucional en materia de igualdade aparece descrita como un dos obxectivos a dar cumprimento dentro do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres 2022-2026”, lembra Laura Villar.

Este III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Pontecesures foi aprobado mediante acordo plenario na sesión do 23 de decembro de 2021. Está deseñado para estruturar as accións que se levarán a cabo durante a súa vixencia en materia de igualdade implicando á cidadanía e ás institucións de forma coherente e coordinada e prestando atención ás características propias do Concello de Pontecesures a fin de favorecer a conciencia social de prevención, sensibilización e tratamento da violencias contra as mulleres.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting