Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

A XXV Festa da Lamprea do Ulla arrincará este sábado cun showcooking da man de Miguel Mosteiro, que elaborará receitas con lamprea


Ampliar Foto...
21/03/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Pontecesures acollerá esta fin de semana do 25 e 26 de marzo a XXV Festa da Lamprea do Ulla, que centralizará as súas actividades nunha carpa no espazo “Cara a Ría”. Así, o Concello de Pontecesures abre hoxe as inscricións en dúas actividades gratuítas que terán lugar o sábado 25 de marzo: un obradoiro infantil de ciencia divertida e un showcooking con lamprea para persoas adultas.

O obradoiro infantil de ciencia divertida terá lugar este sábado 25 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas, na carpa no espazo “Cara a ría”. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente chamando ao teléfono: 986 557 125 (en horario de 9:00 a 14:00 horas).

Ás 19:00 horas terá lugar o showcooking dirixido polo chef Miguel Mosteiro, xefe de cociña no Gastrolab Arousa (Boiro) e cociñeiro presentador do programa “Estache Bo”, da TVG. Mosteiro fará en directo varias elaboracións coa lamprea como ingrediente principal, que poderán ser degustadas por un máximo de 30 persoas asistentes. A participación é gratuíta, se ben é preciso inscribirse previamente enchendo este formulario (https://forms.gle/2e79y8rJHZLuJR1z9) ou chamando ao teléfono: 986 557 125 (en horario de 9:00 a 14:00 horas). A inscrición realizarase por rigorosa orde de anotación, só unha persoa de cada vez e co compromiso de estar na carpa espazo “Cara a Ría” antes das 19:10 horas. No caso contrario, perderá a súa praza, que pasará a ser da primeira persoa en lista de agarda.

Máis de 300 menús

A programación do día grande da XXV Festa da Lamprea do Ulla arrancará coa presentación do documental “Pontecesures”, na Casa do Concello, ás 12;15 horas. Unha vez rematada, a comitiva oficial desprazarase á carpa no espazo “Cara a Ría”, onde a actriz e presentadora Isabel Blanco será a encargada de dar o pregón.

Ás 14:00 horas, esa mesma carpa acollerá unha degustación de lampreas do Ula. O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, amósase satisfeito polo incremento do número de capturas nas últimas semanas “polo que agardamos que o día da festa se poidan servir máis de trescentos menús de lamprea e que todas as persoas que o desexen poidan degustala en tres elaboracións diferentes: á bordelesa, en empanada ou en escabeche”. E, a partir das 20:00 horas, a actuación musical a cargo da agrupación “Unión y Fuerza” porá o broche de ouro á programación.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting