Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

Pontecesures recibe a “Distinción Ágora” pola seu traballo para gañar espazo público para desfrute das persoas nos tres últimos anos


Ampliar Foto...
30/03/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures vén de recibir a “Distinción Ágora” polo seu traballo realizado nos tres últimos anos para gañar espazo público para desfrute dos seus veciños e veciñas. Un galardón que foi recollido polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, no marco dunhas xornadas organizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra.

O Concello de Pontecesures recibiu esta distinción por actuacións como as realizadas nas rúas do Castro e Infesta, que transformaron o Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures nun espazo seguro e da máxima calidade, ou a recuperación do espazo público cara a ría, cunha importante actuación de humanización que converteu esta zona nun punto de encontro da veciñanza e nun exemplo de mobilidade segura e sostible a nivel provincial, ademais de promover a dinamización social, económica, cultural, deportiva e de ocio nesta zona de máis de 3.000 metros cadrados.

O acto de celebración dos tres anos da Rede Ágora contou coa presenza de máis de 140 persoas, representantes de concellos e persoal técnico. Un acto no que se presentou o libro que recolle os resultados das conferencias da Facultade Ágora de 2021 e no que se entregaron as “Distincións Ágora” aos concellos adheridos á rede en recoñecemento ás súas boas prácticas.

En toda a provincia, cando estean rematados todos os proxectos previstos, teranse transformado máis de 620.000 metros cadrados de espazo público, dos que 340.000 serán gañados para as persoas restándollos aos vehículos. Isto supón multiplicar por cinco o espazo público existente na actualidade para ser desfrutado pola veciñanza.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting