|
Actualidade » Prazos e Convocatorias
|
|
Ábrese o prazo de inscrición na Campaña de Verán 2023 da Xunta de Galicia |
18/04/2023.- PRAZOS E CONVOCATORIAS O Concello de Pontecesures informa de que dende hoxe martes 18 de abril e ata o vindeiro 2 de maio está aberto o prazo de inscrición nos Campamentos de Verán 2023 da Xunta de Galicia. Baixo a lenda "O verán que sempre vas lembrar", a campaña oferta 11.238 prazas durante os meses de xullo, agosto e setembro repartidas entre as seguintes accións:
Campamentos en Galicia.
Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
Máis información na páxina web da Xunta de Galicia: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
|
|
|
|
|
|
|
|