|
Actualidade » Prazos e Convocatorias
|
|
Contratación dun peón/peoa forestal a cargo do APROL 2023 do Concello de Pontecesures |
26/04/2023.- PRAZOS E CONVOCATORIAS O Concello de Pontecesures vén de recibir da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención por importe de 13.970 euros para a contratación dunha persoa desempregada a xornada completa por un período de 9 meses. Aquelas persoas que estean interesadas en participar neste proceso de selección deberán estar inscritas como demandantes de emprego e co código de Peón Forestal (CNO 95431028).
Nos próximos días a Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa fará unha preselección e remitirá ao Concello o listado de candidatos/as para este posto traballo, no que se incluirán todas aquelas persoas que estean anotadas como demandantes de emprego e co código de ocupación de Peón Forestal.
|
|
|
|
|
|
|
|