22/06/2023.- BANDOS MUNICIPAIS A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, solicita a colaboración da veciñanza para as Festas do Carme de 2023. A alcaldesa explica que o novo equipo de Goberno vai dispoñer de pouco tempo para organizar os festexos, que terán lugar o próximo mes de xullo.
Por iso, o Concello de Pontecesures ten aberta unha conta bancaria en ABANCA Pontecesures para aquelas persoas que queiran colaborar voluntariamente cun donativo para axudar a sufragar o orzamento de gastos. O numero de conta é: ES41 2080 5112 6931 1000 6261.
María Teresa Tocino solicita a colaboración de toda a veciñanza para "lograr ter unhas festas o máis dignas posibles, xa que son as festas de todos nós".
|