11/08/2023.- NOVAS MUNICIPAIS  O Concello de Pontecesures dentro do programa "Goza da Ulla" organiza un roteiro nomeado "Ollando o Ullán".
O vindeiro domingo 20 de agosto, as 9:00AM na Plazuela, no corazón de Pontecesures,dará comezo esta andaina de libre participación.
Cun itinerario circular de aproximadamente 15 quilómetros, o roteiro adentrase nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, dende os cales se pode o Val do Ullán e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val. Tamén se percorrerán lugares de interese coma o mirador da Galiñeira e os Petróglifos da Pedra da Serpe. Cun desnivel de 376 metros, esta camiñada ofrece o equilibrio perfecto entre desafío e recompensa.
Como Participar:
A participación nesta andaina é mediante inscrición antes do día 15 de agosto. Para inscribirte ponte en contacto con Fran Oliveira chamando ao 986 564 410 ou envía un correo electrónico a xuventude@pontecesures.org.
Únete á aventura, recarga enerxías e déixate levar pola maxia da natureza no Concello de Pontecesures.
|