22/08/2023.- NOVAS MUNICIPAIS
Máis de 50 veciños e veciñas de Pontecesures participaron este domingo nunha andaina gratuíta de quince quilómetros. A ruta adentrouse nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, onde a veciñanza tivo a oportunidade de observar na súa totalidade o Val do Ullán e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val.
O roteiro comenzou ás nove da maña na Plazuela, no centro urbano de Pontecesures, e durou aproximadamente catro horas. Na andaina, calificada de dificultade media, os participantes visitaron lugares de interese como o Mirador da Galiñeira e os Petróglifos da Pedra da Serpe.
A ruta “Ollando o Ullán” enmarcase dentro do programa “Goza do Ulla”, unha iniciativa dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros. A próxima saída será o 26 de agosto en Monterroso, nunha excursión de 5 quilómetros.
|