Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
  
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

O Concello de Pontecesures organiza unha homenaxe a Raimundo García Domínguez, “Borobó”


Ampliar Foto...
25/08/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures celebrará o luns 28 de agosto uhan homenaxe ao gran xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, con motivo dos vinte anos do seu pasamento.

Nado en Pontecesures en 1916, Borobó é considerado, nas propias palabras de Xosé María García Palmero, o primeiro decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, “un dos grandes do xornalismo galego e non galego do século XX”. En palabras do xornalista Benxamín Vázquez González, Raimundo García era “un xornalista honesto, lonxe da figura do xornalismo de trincheira que consiste en espallar ruido e desinformación”.

A súa labor xornalística iniciouse en 1937 en plena guerra civil, en publicacións militares. Finalizada esta, e tras o seu ingreso nun campo de concentración, retoma a profesión en Madrid para publicacións como “Finisterre” ou “El Español”, entre outras.

Compre destacar o seu papel no xornal compostelán “La Noche”, no que ocupou o cargo de director a partir de 1946 dando cabida a escritores e xornalistas novos (xeración “La Noche”). As mesmas funcións de director desenvolveunas no “Correo Gallego”. De volta en Madrid, colaborou con diferentes medios de prensa e exerceu como redactor xefe da Axencia EFE ata a súa xubilación. Trasladouse a Boiro ata o seu falecemento o 28 de Agosto de 2003.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting