|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
O Concello de Pontecesures súmase ao recibimento de Nerea Novo e Candela Romero |
05/09/2023.- NOVAS MUNICIPAIS O alcalde en funcións, Roque Araújo Rey, e o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas de Jesús, sumáronse onte luns ao Club Náutico de Pontecesures na recepción das deportistas Nerea Novo e Candela Romero despois de disputaren o ICF Canoe Marathon World Championships 2023 en Vejen (Dinamarca). Un torneo no que Nerea Novo proclamouse campioa do mundo en C1 xuvenil e obtivo o sétimo posto na proba do C1 xuvenil; e Candela Romero obtivo un meritorio 5º posto na proba do C1 xuvenil.
Roque Araújo e Alberto Rivas sumáronse aos parabéns ofrecidos por amigos, deportistas e adestradores do Náutico de Pontecesures. Nerea Novo chegaba a Dinamarca como subcampioa de Europa Junior, mentres que para Candela Romero foi o seu estreo internacional, no que competiu nunha categoría superior á que lle corresponde pola súa idade.
|
|
|
|
|
|
|
|