|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA |
15/11/2023.- NOVAS MUNICIPAIS 
O Concello de Pontecesures, é partícipe deste programa en colaboración coa Consellería de promoción do emprego e igualdade, xunto cos Concellos de Valga, Dodro, Padrón, Rois e Rianxo. En total, máis de 100 persoas, en 33 accións colectivas foron beneficiarias do mesmo, das cales 14 foron da nosa vila.
Unhas mil horas de formación, un curso, e a inserción laboral de 4 persoas. O programa tivo tamén 63 sesións de orientación individual de participantes de Pontecesures.
A aposta pola inserción laboral das persoas desempregadas conseguiu en total que 40 persoas destes seis Concellos estean traballando ou que o fixeran durante o programa. A Alcaldesa Maite Tocino, asistiu á reunión do programa xunto cos alcaldes dos demais Concellos participantes
|
|
|
|
|
|
|





.JPG)

.png)
.jpg)



.jpg)




.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
|