|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
XI ASEMBLEA DA FEGAMP |
16/11/2023.- NOVAS MUNICIPAIS
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa XI Asemblea Xeral, coa presenza da Alcaldesa Maite Tocino.
Na Memoria de Xestión 2019-2023, o presidente Alberto Varela interveu facendo un percorrido polos principais asuntos nos que a FEGAMP traballou neste período.
O presidente sinalou en relación a como a pandemia do COVID-19 condicionou todo o desenvolvido pola FEGAMP e lembrou que “os concellos xa soportabamos unha sobrecarga de funcións impropias que facían necesaria unha revisión das competencias e orzamentos, e as medidas motivadas polo COVID-19 viñeron agravar esta situación."
Incideuse na necesidade de que Xunta e Goberno do Estado asuman o financiamento íntegro de certos servizos que son das súas competencias como os servizos sociais; o fomento do emprego; comercio, turismo e pemes; educación ou sanidade, entre outros.
A continuación, o plenario da Asemblea continuou dando paso ao final de sesión ao traballo en comisións sobre os relatorios e as emendas presentadas.
|
|
|
|
|
|
|
|