15/10/2024.- NOVAS MUNICIPAIS 
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) estableceu as bases reguladoras e convocou as subvencións que se recollen na Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
De acordo co disposto na orde de convocatoria, a directora xeral de Administración Local, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes (Orde do 16.01.2024, DOG núm. 13, do 18 de xaneiro, e artigo 3.5 da Orde do 12.06.2024, DOG núm. 117, do 18 de xuño), resolveu concederlle unha subvención ao Concello de Pontecesures para o proxecto denominado ""Mellora da eficiencia enerxética do edificio do antigo matadoiro municipal"", por importe de 62.653,08 €.
Proximamente procederemos dende o Concello de Pontecesures coa licitación e posteriormente coa execución desta obra.
|