Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

ADXUDICADA A OBRA DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO EDIFICIO DO ANTIGO MATADOIRO MUNICIPAL


Ampliar Foto...
30/01/2025.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Mediante providencia da Alcaldía de data 13.11.2024 pola que se iniciou o expediente para a contratación da obra Mellora da eficiencia enerxética do edificio do antigo matadoiro municipal, financiada con cargo á axuda da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, para a redacción do proxecto e a execución da obra en base á ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D), concedida mediante resolución da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de data 10 de outubro de 2024, por un importe total de 62.653,08 €, correspondentes ao 80% do importe total do investimento (obra e proxecto), quedando os restantes 15.663,27 € financiados con fondos propios do Concello, o que implica un orzamento para a execución da obra que ascende a 60.224,26 € máis o IVE, por importe de 12.647,09 €, o que fai un total de 72.871,35 €, a licitar mediante procedemento aberto simplificado previsto no artigo 159 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP).

Logo de realizado todo o proceso de licitación a mesa licitadora, en sesión do 23 de xaneiro de 2025 acordou, entre outros puntos o seguinte: 
""Adxudicar o contrato da obra de Mellora da eficiencia enerxética do edificio do antigo matadoiro municipal, á empresa DESEÑO ENXEÑARÍA E XESTIÓN DE OBRAS S.L. co CIF núm. B94129368, polo prezo de 51.120,00 euros, máis o IVE do 21% por importe de 10.735,20 euros, o que fai un total de 61.855,20 euros, con suxeición estrita ao prego de cláusulas administrativas particulares que rexe neste procedemento, de data 13.11.2024, segundo o proxecto técnico da obra redactado e asinado electronicamente en data 18.09.2024 polo Enxeñeiro de camiños, canles e portos, D. Román Gómez Fraiz e aprobado por resolución da Alcaldía núm. 2024-1108 de 06.11.2024, así como á oferta presentada que inclúe un prazo de garantía de seis (6) anos a contar dende a data da acta de recepción ou conformidade da obra"".

A empresa licitadora iniciará os traballos adxudicados proximamente.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting