Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
  
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE


Ampliar Foto...
21/03/2012.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS
CIDADE INFANTIL PRINCIPE FELIPE 2012

BASES DO PROGRAMA

SOLICITUDES
• Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no Concello no que solicita a praza (presentación de voante de empadroamento) nacidos entre os anos 1998 – 2005, ambos incluídos.
A actividade se realiza en dúas modalidades: Interno (pensión completa, prezo 130 €) e externo (de 09:00 a 20:00 todos os días que dure a quenda, prezo 80 €). Serán motivos de exclusión menores sen capacidade de autovalimento para as necesidades básicas diarias así como nenos con doenzas ou minusvalías que contraindiquen a súa asistencia o campamento e o desenvolvemento normal das actividades.


• Impresos

• Impresos Solicitude e Folla de Inscrición

• Normas para cumprimentar os impresos
Cada neno cubrirá unha solicitude elixindo, por orde de prioridade, as quendas (de 1ª a 7ª)
Os datos do solicitante deberán ser os do neno que opta a participar no campamento.
As solicitudes deberanas asinar os pais/nais ou titores dos nenos solicitantes.

Lugares de presentación de solicitudes e documentación
As solicitudes presentaranse nas oficinas dos Concellos colaboradores, na Oficina de Información o Cidadán da Deputación de Pontevedra ou no Centro Príncipe Felipe (nas súas oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos Concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia da mesma por fax o número 986 804 138.
Non serán admitidas aquelas solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos
o Presentación de solicitudes: 12 de marzo – 14 de abril.
o Sorteo e publicación dos listaxes de admitidos: 7 ó 11 de maio
A comunicación do resultado para os participantes seleccionados levarase a cabo a través de chamada telefónica (dende o Concello ou Deputación Provincial) ou correo electrónico.
o Prazo presentación do pagamento: do 21 ó 28 de maio
o Chamadas os participantes en lista de espera: do 04 o 08 de xuño.

ADXUDICACIÓNS
Cobertura das prazas
Mediante sorteo cubriranse as prazas nas distintas quendas sendo o número de prazas de 50 en total.
Reserváranse 10 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, en cada unha das quendas, prazas que entrarán no sorteo se non se cubren.

Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza serán ofrecidas os solicitantes que figuren nas listas de espera correspondentes de cada Concello e quenda. Terase en conta os irmáns que entrarían na mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes, de non ser así, serían chamados para a quenda seguinte solicitada.
As renuncias non serán motivo de inclusión na lista de espera.
Contactarase cos suplentes mediante chamada telefónica ou correo electrónico dende a Deputación Provincial. Unha vez aceptada a praza, deberán presentar o pagamento nun prazo de 48 horas.
No caso de non presentar o pago indicado a praza será ofertada ao seguinte da lista de espera.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES
• Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
• Fotocopia do DNI do solicitante, de non telo,libro de familia
• Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou seguro médico privado.
• Volante de empadroamento

DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito a devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante modelo normalizado e polo menos con 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos). Todas aquelas solicitudes de devolución de cotas que non sexan presentadas tal e como se reflexa anteriormente, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue.
Motivos de devolución:
• Por enfermidade, accidente, …., có correspondente xustificante médico
• Admisión noutra actividade nas mesmas datas, axuntando o pago.

INCORPORACIÓN Ó CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS

A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 09:00 e as 10:00 horas para os internos. No caso dos externos chegarán as 09:00 e serán recollidos entre as 20:00 e 21:00 horas.
No suposto de abandono da actividade ou expulsión do participante, será responsabilidade dos pais ou titores legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS
1. A incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
2. A non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a personación dos pais ou titores, e será responsabilidade destes o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.
3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación
4. A praza é intransferible

SORTEO
1. Cupo por Concellos
Prazas asignadas a cada Concello en proporción a súa poboación. Datos obtidos do INE, censo do ano 2010)
2. Dez prazas reservadas a nenos do Centro Príncipe Felipe en todas as quendas.
3. Terase en conta os solicitantes que sexan irmáns (non se terá en conta outro tipo de familiares nin amigos)
4. Sorteo por quendas

 

 

Descargar Documento... Ficha inscrición campamentos polideportivos
Descargar Documento... Solicitude de praza campamentos polideportivos

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting