| 
                                      
 13/04/2012.- EVENTOS E ACTIVIDADES        
 MOBILÍZATE 
O Concello de Pontecesures convoca este certame de pequenas curtametraxes elaboradas con teléfonos móbiles dirixido a estudantes da ESO ou de Bacharelato dos centros educativos de toda Galicia. A idade para participar neste concurso é de 12 a 20 anos.  
Para o mellor desenvolvemento desta actividade levaráse a cabo a través do centros educativos.  
Este concurso crease cos seguintes obxectivos:  - Fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado galego.  - Promover o traballo en equipo.  - Dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudiantil.  - Empregar as novas tecnoloxías como un espazo para a creación. 
O prazo de inscricións e de entrega das microcurtas é dende o 16 de abril ata o 15 de maio.  
PREMIOS: (Serán entregados o 18 de maio no Concello de Pontecesures)  
Lote de libros á mellor microcurta  Lote de libros ao mellor guión  Lote de libros á mellor interpretación  Lote de libros á microcurta preferida do público  
Descarga aqui o formulario de inscrición e as bases deste concurso: 
  
                                 |