|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
CURSO DE ELABORACIÓN DE PÁXINAS WEB EN PONTECESURES. |
07/08/2013.- EVENTOS E ACTIVIDADES
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2013 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de ELABORACIÓN DE PÁXINAS WEB. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2013 na AULA T.I.C. do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 12 de agosto ata o 20 de setembro.
|
|
|
|
|
|
|
|