25/03/2015.- EVENTOS E ACTIVIDADES 
Ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2015 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 56 do 24/marzo/2015) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2015” para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é DO 25 DE MARZO ATA O 8 de ABRIL, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
|