|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
CURSO DE APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS EN PONTECESURES . |
03/06/2015.- EVENTOS E ACTIVIDADES
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2015 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS. O curso desenvolveráse nos meses de setembro e outubro de 2015 na AULA T.I.C. do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive) (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures e tamén as que non cumpran o requisito da idade).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 2 de xuño ata o 25 de agosto.
Descarga do formulario de solicitude (para logo presentalo nas oficinas municipais):
|
|
|
|
|
|
|
|