|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
ACTOS POLO CENTENARIO DO NACEMENTO DE "BOROBÓ". |
07/07/2016.- NOVAS MUNICIPAIS
O vindeiro domingo 10 de xullo celebraranse os actos do centenario do nacemento de Don Raimundo García Domínguez, BOROBÓ:
Ás 11.30 h. no Cemiterio Parroquial de San Xulián depositarase un ramo de flores sobre a sepultura na que repousan os restos do eximio xornalista de Pontecesures.
Ás 12.30 na Rúa Portarraxoi descubrirase unha placa conmemorativa deste aniversario na fachada da que foi a súa casa natal.
Dende o concello anímase a toda a veciñanza a participar nestes actos de homenaxe a este ilustre persoeiro do noso pobo.
|
|
|
|
|
|
|
|