Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
  
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

A AXENCIA GALEGA DE DOAZÓNS AGRADECE AO POBO DE PONTECESURES O SEU COMPROMISO SOLIDARIO.


Ampliar Foto...
29/08/2016.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue -ADOS- remitíu ao Concello de Pontecesures unha comunicación agradecendo aos cesureños/as o seu compromiso solidario coas doazóns. Este escrito, que veu dirixido ao Alcalde de Pontecesures, transcríbese a continuación:

""Estimado Alcalde,

Desexo transmitirlle, en nome da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e de toda a sociedade galega, o noso agradecemento pola súa contribución e sincero compromiso co solidario xesto da doazón de sangue, que se materializou coa campaña especial de verán levada a cabo no seu concello, o pasado 18 de agosto.

Durante esta xornada, 55 veciños e veciñas de Pontecesures achegáronse á unidade móbil para realizar unha doazón. De todos eles, puideron doar 51, un deles doaba por primeira vez. Estes excelentes resultados demostran o compromiso solidario, que nos axuda a garantir o desenvolvemento do labor asistencial nos nosos centros hospitalarios e contribúen á creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Eses bos datos continúan na liña de anos pasados. A participación dos veciños e veciñas de Pontecesures en 2015 acadou 193 doazóns de sangue, o que supón 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, unha taxa de doazón que está mesmo por riba do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).

Unha unidade móbil acude cada tres meses ata o concello de Pontecesures, para facilitar a participación de todos os cidadáns, agardando manter sempre o excelente nivel de participación de todos os seus veciños e veciñas.

Dende a primeira visita da unidade móbil en outubro de 1993 ata hoxe, houbo un total de 4.769 doazóns de sangue realizadas polas 638 persoas censadas como doadores de sangue neste concello. Con estas doazóns, e a modo de exemplo, poderíanse levar a cabo máis de 2.300 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a máis de 800 enfermos de cancro ou leucemia.

Non nos resta máis que pregarlle que faga extensivo a todas as persoas que colaboraron nesta campaña, o noso recoñecemento, en nome de todos aqueles que puideron e poderán superar o seu problema de saúde. O sinxelo xesto de doar sangue permite contribuír á cobertura dunha media diaria de 550 intervencións cirúrxicas, 3.000 urxencias e 3 transplantes de órganos ou tecidos nos hospitais da Comunidade autónoma de Galicia. Unha necesidade de sangue que non deixa de crecer, nunha sociedade cada vez máis envellecida e, á vez, máis necesitada de asistencia sanitaria especializada.""

Dende o goberno municipal tamén queremos agradecer este "compromiso solidario" e animamos ás veciñas e veciños de Pontecesures a que sigan participando nas campañas de doazón.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting